Moisés Blanco Paradelo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1977 (47 anos) O Barco de Valdeorras, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Moisés Blanco Paradelo, nado no Barco de Valdeorras o 5 de setembro de 1977, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É mestre de música no colexio Divina Pastora do Barco. Técnico especialista en Informática de Xestión e técnico especialista en Protocolo e Relacións Institucionais. É concelleiro do PPdeG do Barco desde as eleccións municipais de 2003 e foi candidato á alcaldía nas municipais de 2007, 2011 e 2015. Foi deputado provincial (2007-2011) e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense (2009-2011). Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2012. É o portavoz do Grupo Popular en materia de novas tecnoloxías.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
Categorías:
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Concelleiros do Barco de Valdeorras
- Concelleiros de Galicia polo PPdeG
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Nados no Barco de Valdeorras
- Nados en 1977